Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Festival de nadal

Imaxe
 O mércores celebramos o nadal cunhas actuacións estelares! 1ºA 1ºB  1ºC 2ªA 2ªB 2ªC Bo nadal a todos/as!!!!

25 N

Imaxe
  Onte saímos todo o CEP Altamira ao concello reivindicando a eliminación da violencia de xénero a través la lectura dun manifesto. A través do noso lema “voando en liberdade” expuxemos unhas bolboretas como simboloxía deste sentimento.

Samaín e magosto

Imaxe
  A semana pasada tivemos uns días moi emocionantes. O martes   celebramos Samaín, mirade que terroríficos! E o mércores fomos de excursión ao Borralliño onde desfrutamos dunha mañá de natureza e… castañas!!

3, 2, 1... Comezamos!

Imaxe
  Os mestres e mestras do CEP Altamira estamos moi ilusionados/as con este novo comezo. Bo inicio de curso para todos/as!

2 de abril Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Imaxe
Mi Hermano Luca (youtube.com)

Seguriño 🚦

No marco do Plan Proxecta 23-24 no noso centro levarase a cabo o programa de MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA mediante o nome  "SEGURIÑO" . O que se pretende co desenvolvemento deste programa é a creación de hábitos de desprazamentos cara modelos máis seguros, activos e sostibles. Podedes consultar toda a información no referido a este programa no seguinte enlace: SEGURIÑO (mobilidadealtamira.blogspot.com) Ata loguiño! 🚦🚓🚸⛔

Unha visita moi especial!

Imaxe
  O pasado 11 de xaneiro recibimos a visita dunha voluntaria da Protectora de Animais "Os Biosbardos" da localidade veciña de Ponteareas. Ana, que así se chama a voluntaria, non veu sola. Veu moi ben acompañada, xa que trouxo con ela aos seus dous cadeliños, Maui e Chanquete, os cales foron adoptados. Ana explicounos en que consiste o traballo dos voluntarios e voluntarias da protectora, ademais da gran importancia das acollidas, das adopcións e mesmo dos apadriñamentos. Foi unha charla moi enriquecedora, xa que ademais tamén nos ensinou curiosidades sobre a linguaxe corporal dos cans e dos gatos, datos para o correcto coidado das mascotas, e, a parte que máis nos impactou: o antes e o despois de animais que foron recollidos en moi malas condicións e lograron sacar adiante. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi poder interactuar cos peludiños. Incluso lle puidemos dar de comer! Foi xenial! Ana tamén respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas a ver...

Entroido 2024

 

Día da paz

    O día 30 de xaneiro conmemoramos no CEP Altamira o Día da Paz. Os deixamos o video que realizamos.  

Achégase o entroido! Mans á obra! ✂👚

Dende segundo curso informamos de que o noso disfraz será: esquiadores/as! 🎿 O alumnado necesitará traer ao colexio (canto máis pronto posible) o seguinte: -         2 paus de recolledor . De plástico ou de madeira. Non importa a cor. -         1 par de esquís de cartón . A continuación móstrase un vídeo de como se fan: O día do Entroido (9 de febreiro) o alumnado deberá vir vestido da seguinte maneira: -         Roupa toda negra , tanto o pantalón como a parte de arriba (suadoiro, xersei ou chaqueta). -         Botas de neve/inverno ou algún tipo de bota ou zapatillas semellante. -         Luvas.✋ -         Gorro.