Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

Cross Escolar (1º EP)

Imaxe
 Celebramos unha xornada de C R O S S E S C O L A R no cole! Ademais de promover o deporte como forma de vida saudable, pasámolo moi ben :)

Apadriñamento lector (1º EP)

Imaxe
 Outra das actividades que fixemos para conmemorar o Día do Libro foi compartir un rato de lectura coas nenas e nenos de 4º, como son máis maiores e xa teñen máis práctica lendo, son os nosos "padriños e madriñas lectores". Decoramos un marcapáxinas dunha meiga para regalarlles e eles regaláronnos un marcapáxinas con forma de urco, que é o ser mitolóxico que traballaron durante este curso.

Día do libro - Visita autor (1º EP)

Imaxe
O día 23 de abril conmemórase o Día do Libro porque coincide co falecemento de tres grandes escritores da literatura mundial: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespere. Unha das actividades que realizamos para celebrar esta data tan importante consistíu na visita do autor dos libros que nos regalaron no Nadal recomendados pola biblioteca do noso cole. Este autor chámase "El Hematocrítico", aínda que ese non é o seu nome real, nós sabémolo porque nolo contou na súa visita, tamén nos ensinou algúns dos libros que escribíu, respondeu as preguntas que lle fixemos e asinou cada un dos nosos libros. Aquí vos deixamos algunhas fotos! FELIZ DÍA DO LIBRO :)

Zoo Virtual (1º EP)

Imaxe
Para rematar o proxecto sobre os animais que traballamos en Ciencias da Natureza, fixemos unha visita virtual ao zoo que nós mesmos creamos. Grazas á realidade aumentada puidemos coñecer mellor características dalgúns animais e ata puidemos facernos fotos con eles!!

Circuíto de vasoiras (1º EP)

 CIRCUITO VASOIRAS Como bruxos e meigas da Escola de feitizos Altamira debemos enfrontarnos a diferentes retos, un deles foi construír as nosas propias vasoiras e realizar este circuíto con elas respectando as principias normas de circulación viaria.