Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

Día Universa da Infancia

  Dende o 1º ciclo do CEP Altamira quixemos conmemorar dun xeito especial este día tan bonito, adicado aos nosos nenos e nenas. Disfrutade deste vídeo no que vestimos as nosas mellores galas!

Deporte escolar

Imaxe
O xoves 3 de novembro, as nenas e os nenos de 2º participamos nunha nova actividade:  DEPORTE ESCOLAR .  Fomos ata Caldelas en autobús, moi nerviosos e emocionados.  Alí, participamos no Cross Escolar con outros centros educativos  e todos conseguimos chegar a meta.  Tamén fixemos de animadores "Aaaltamira, Aaaaltamira". E pasamos un día moi divertido todos xuntos!

O Samaín

Chegou o SAMAÍN ao primeiro ciclo do CEP ALTAMIRA. Aquí vos deixamos un resumo do ben que o  pasamos os nenos e as nenas do primeiro ciclo!  

O outono chega ao CEP Altamira

Imaxe
  As nenas e os nenos de 2º dánlle a benvida ao OUTONO recitando uns versos.   

COMEZAMOS!

Imaxe
 Bo día a todos e a todas! Comezamos un novo curso con moitísimas ganas e moita ilusión! Dende 1º e 2º de educación primaria queremos que saibades que este ano o ides pasar xenial, ides aprender moito e sobre todo...imos desfrutar xuntos :) Comezamos!!!

Saída - O Grove (1º EP)

Imaxe
 Este luns, as nenas e nenos de 1º fomos de excursión de fin de curso ao Grove. Primeiro visitamos o acuario, onde nos explicaron un montón de cousas interesantes e tomamos o tentempé. A continuación, fixemos unha pequena viaxe en catamarán, para algúns de nós era a primeira vez que subiamos nun barco polo que foi moi emocionante!! Ademáis tivemos unha sorpresa, para despedirnos, a guía púxonos música e puidemos facer unha mini-festa e bailar! 💃 Por último, comemos e xogamos un ratiño na illa da Toxa. As nosas profes están moi contentas porque nos portamos moi ben! :)

Actuación de Migallas (1º e 2º EP)

Imaxe
ACTUACIÓN DE MIGALLAS Dentro das actividades realizadas para conmemorar a semana das letras galegas, hoxe asistimos a actuación musical do grupo Migallas. Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben.   

Festival Letras Galegas (1ºEP)

Imaxe
Aquí vos deixamos algunhas fotos e os vídeos das nosas actuacións no festival.  Fixémolo xenial! :)

Cross Escolar (1º EP)

Imaxe
 Celebramos unha xornada de C R O S S E S C O L A R no cole! Ademais de promover o deporte como forma de vida saudable, pasámolo moi ben :)

Apadriñamento lector (1º EP)

Imaxe
 Outra das actividades que fixemos para conmemorar o Día do Libro foi compartir un rato de lectura coas nenas e nenos de 4º, como son máis maiores e xa teñen máis práctica lendo, son os nosos "padriños e madriñas lectores". Decoramos un marcapáxinas dunha meiga para regalarlles e eles regaláronnos un marcapáxinas con forma de urco, que é o ser mitolóxico que traballaron durante este curso.

Día do libro - Visita autor (1º EP)

Imaxe
O día 23 de abril conmemórase o Día do Libro porque coincide co falecemento de tres grandes escritores da literatura mundial: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespere. Unha das actividades que realizamos para celebrar esta data tan importante consistíu na visita do autor dos libros que nos regalaron no Nadal recomendados pola biblioteca do noso cole. Este autor chámase "El Hematocrítico", aínda que ese non é o seu nome real, nós sabémolo porque nolo contou na súa visita, tamén nos ensinou algúns dos libros que escribíu, respondeu as preguntas que lle fixemos e asinou cada un dos nosos libros. Aquí vos deixamos algunhas fotos! FELIZ DÍA DO LIBRO :)

Zoo Virtual (1º EP)

Imaxe
Para rematar o proxecto sobre os animais que traballamos en Ciencias da Natureza, fixemos unha visita virtual ao zoo que nós mesmos creamos. Grazas á realidade aumentada puidemos coñecer mellor características dalgúns animais e ata puidemos facernos fotos con eles!!

Circuíto de vasoiras (1º EP)

 CIRCUITO VASOIRAS Como bruxos e meigas da Escola de feitizos Altamira debemos enfrontarnos a diferentes retos, un deles foi construír as nosas propias vasoiras e realizar este circuíto con elas respectando as principias normas de circulación viaria.

Proxecto: O noso concello (1º EP)

Imaxe
  Así quedou o mapa do noso Concello, Salceda de Caselas. As fotos que o rodean son do noso lugar favorito na parroquia onde vivimos. Forma parte do proxecto sobre o concello, da área de Ciencias Sociais.

8 Marzo - Día da muller (1º EP)

Imaxe
  Para celebrar o Día da Muller (8M), as nenas e nenos de primeiro trouxemos ao cole o zapato e unha imaxe da muller máis importante da nosa vida, con eles reproducimos a obra “Over the continents” de Chiharu Shiota. Así de bonito nos quedou!

Entroido (2º EP)

Imaxe
  ENTROIDO  Este ano o entroido estivo dedicado a mitoloxía para seguir traballando o proxecto da biblioteca. Os nenos e nenas de segundo disfrazáronse de trasnos. Eles axudaron a confeccionar o traxe e este é o marabilloso  resultado. Quedaron moi ben!

Entroido (1º EP)

Imaxe
  Os nenos e nenas de primeiro convertémonos en bruxos e meigas este Entroido. Pasámolo moi ben!!
Imaxe
      DÍA DA PAZ Con motivo do día da Paz os nenos e nenas de 1º e 2º prepararon este fantástico baile a partir da canción "Terra" das Tanxugueiras.   Noraboa a todos os nenos e as mestras de música Paula e Inés por tan estupendo traballo. Quedou xenial!

Día da Paz (1º EP)

Imaxe
  “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. – Mahatma Ghandi. O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. As nenas e nenos de primeiro fixemos este mural colaborativo e estas pombas baseadas no cadro de René Magritte.