O "Cocido Sinfónico" O día 5 de novembro, os rapaces e rapazas de Primeiro asistimos a un musical no Auditorio de Abanca en Vigo. Boa mixtura esa da música e a paparota... jeje
O xoves, 30 de outubro, carrexamos as castañas e nos "tiramos ó monte" para celebrar o Magosto... Xogamos e enredamos todo o que poidemos... E, por fin... A POLAS CASTAÑAS!!!
O venres 23 de maio organizouse unha xornada de sensibilización para o alumnado do 1º ciclo.Manipularon material de persoas discapacitadas,aprenderon cousas novas sobre os cans guías e o seu traballo,souberon o que é camiñar sendo cego ou desprazarse nunha silla de rodas.... por un día puxéronse no lugar doutras persoas. Foi unha xornada moi interesante!!!!! Gracias a tod@s!!!:)
Nos días previos ó Entroido o 2º nivel estivo traballando sobre as distintas formas de festexar nas diferentes localidades de Galicia,en particular en Laza,cos Peliqueiros. O Xoves viñeron disfrazados ó colexio,estaban todos moi guap@s:)
O día 20 de Febreiro os nenos e nenas do 1º ciclo tiveron a sorte de pasar un bo anaco con María Menéndez Ponte,nada máis e nada menos que a creadora de PUPI!!!!!!Souberon moitas cousas novas e fixeron algunha que outra preguntiña que a escritora contestou moi amable;) E ademáis voltaron cos seus cadernos viaxeiros de Pupi firmados,que sorte:):)
Os nen@s do primeiro nivel tiveron a sorte de recibir nas súas aulas unha visita duns seres moi especiais:) Aprenderon cousas que non sabían e divertíronse moitísimo!
Os nenos e nenas de 2 º D aprenderon moitas cousas sobres os animais:consultaron libros na biblioteca,información en Internet e uniron as pezas dun puzzle para formar animais aos que despois lle adxuntaron as súas principais características.
Os nenos/as de 2ºD aproveitaron o día de San Valentín para escribir unhas cartas cheas de amor ás súas familias e amigos/as.Estaban todos ilusionados con este día:)