Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

Patrulla Apadriña 🐾

Imaxe
Este curso, os nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP Altamira unimos as nosas forzas para levar a cabo un fermoso proxecto en común, a Patrulla Apadriña .  Trátase dun programa de innovación educativa da Xunta de Galicia. Concretamente é a iniciativa Plan Proxecta “Protexe os animais”. O obxectivo principal deste proxecto é a sensibilización sobre a necesidade de dar un bo trato aos animais. Será obxecto da nosa análise desde a forma en que unha mascota chega ás nosas vidas (adopción, acollida...), os seus coidados básicos (alimentación, hixiene, saúde, amor...), as profesións relacionadas cos animais, a importancia da labor das protectoras, etc. Ademais, dende a Patrulla Apadriña , participaremos en diversas iniciativas que terán como finalidade a mellora da calidade de vida dos animaliños. Estade moi atentos porque pronto comezaremos a contarvos as nosas aventuras... Un saúdo!

Magosto 🌰

Imaxe
Amósamosvos a celebración do magosto no CEP Altamira. No primeiro ciclo comimos castañas ata fartar! Que ricas! 

Samaín! 👻

Imaxe
   Qué ben o pasamos no 1º ciclo celebrando o samaín!🎃

Benvidos a un novo curso no CEP Altamira.

Imaxe
  Rematou o verán e comezamos o curso cargados de ilusión. No primeiro ciclo voaremos moi alto. 

Letras galegas

  Este xoves 18 tivo lugar o festival para conmemorar o día das letras galegas. Os nenos e nenas do primeiro ciclo pasámolo xenial e esperamos que vos guste! Vídeo Letras Galegas 1º ciclo

ENTROIDO

 Chegou o mes de febreiro e con el... a mellor época do ano, o  ENTROIDO. Este curso, o alumnado do primeiro ciclo, seguindo a temática do centro, disfrazouse de elementos do CINE, concretamente de entradas e de cubos de palomitas. QUE DIVERTIDO! A continuación, deixámovos unha recopilación do ben que o pasamos!

Día da Paz

    O alumnado do CEP Altamira conmemorou o Día da Paz.

Festival Nadal

Despois de tanto aprender e traballar, chegou o que tanto nos gusta, o festival de NADAL! Pasámolo moi ben e desfrutamos moito!  Esperamos que vos guste recordar ese bo momento en familia. Luces, cámara e aación! VÍDEO