Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

Unha visita moi especial!

Imaxe
  O pasado 11 de xaneiro recibimos a visita dunha voluntaria da Protectora de Animais "Os Biosbardos" da localidade veciña de Ponteareas. Ana, que así se chama a voluntaria, non veu sola. Veu moi ben acompañada, xa que trouxo con ela aos seus dous cadeliños, Maui e Chanquete, os cales foron adoptados. Ana explicounos en que consiste o traballo dos voluntarios e voluntarias da protectora, ademais da gran importancia das acollidas, das adopcións e mesmo dos apadriñamentos. Foi unha charla moi enriquecedora, xa que ademais tamén nos ensinou curiosidades sobre a linguaxe corporal dos cans e dos gatos, datos para o correcto coidado das mascotas, e, a parte que máis nos impactou: o antes e o despois de animais que foron recollidos en moi malas condicións e lograron sacar adiante. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi poder interactuar cos peludiños. Incluso lle puidemos dar de comer! Foi xenial! Ana tamén respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas a ver

Entroido 2024