Unha visita moi especial!
O
pasado 11 de xaneiro recibimos a visita dunha voluntaria da Protectora de
Animais "Os Biosbardos" da localidade veciña de Ponteareas. Ana, que
así se chama a voluntaria, non veu sola. Veu moi ben acompañada, xa que trouxo
con ela aos seus dous cadeliños, Maui e Chanquete, os cales foron adoptados.
Ana
explicounos en que consiste o traballo dos voluntarios e voluntarias da
protectora, ademais da gran importancia das acollidas, das adopcións e mesmo
dos apadriñamentos.
Foi
unha charla moi enriquecedora, xa que ademais tamén nos ensinou curiosidades
sobre a linguaxe corporal dos cans e dos gatos, datos para o correcto coidado
das mascotas, e, a parte que máis nos impactou: o antes e o despois de animais
que foron recollidos en moi malas condicións e lograron sacar adiante.
Pero
sen dúbida, o que máis nos gustou foi poder interactuar cos peludiños. Incluso
lle puidemos dar de comer! Foi xenial!
Ana
tamén respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas a verdade, e compartimos
con ela as nosas experiencias coas mascotas.
Quedamos
tan agradecid@s coa visita, que xa estamos argallando un plan para poder poñer
o noso gran de area e axudar aos animais da protectora.
Queredes
saber en que consiste o noso plan? Estade moi atentos porque pronto vos
contaremos máis!
Un
saúdo da Patrulla Apadriña!
Redes
sociais da protectora de animais Os Biosbardos:
· https://protectoraosbiosbardos.org/
https://www.instagram.com/protectorabiosbardos?utm_source=ig_web_button_share_sheet&igsh=ZDNlZDc0MzIxNw==
· https://www.facebook.com/PROTECTORAOSBIOSBARDOS/?locale=es_ES
Comentarios
Publicar un comentario