Para celebralo, dende o equipo de biblioteca do cole, propoñen este RETO ! Podedes participar ata o 30 de abril . Algunhas ideas que podedes utilizar para decorar a vosa palabra con cousiñas que teñades na casa: - Boliñas de papel hixiénico ou de papel aluminio... -Anacos de papel de xornal, revistas, papel de agasallo... -Recortes de imaxes destes mesmos materiais. -Arroz, lentellas, café, azucre... E todo o que saia desas cabeciñas tan cheas de imaxinación! Animádevos e enviade as fotos ás vosas titoras!