Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Nadal (1º EP)

Imaxe
 As nenas e nenos de primeiro de primaria e todo o equipo docente deste nivel desexámosvos... F E L I C E S F E S T A S ! ! 🎄🎅

NADAL (2º PRIMARIA)

Imaxe
  O Apalpador  Os nenos de segundo prepararon con moita ilusión esta canción e con ela queren desexanvos  un   Feliz Nadal  Esperamos que vos guste.

25 de Novembro (1º EP)

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO   O alumnado e mestras de primeiro rexeitamos calquera tipo de violencia, esperamos que vos guste o vídeo que fixemos para conmemorar este día.

20 Novembro - Día Universal da Infancia (1º EP)

Imaxe
20 N - Día Universal da Infancia Para conmemorar o Día Universal da Infancia, o alumnado de primeiro de primaria, acudimos ao cole en pixama para visibilizar e concienciar sobre o dereito de todas as nenas e nenos a vivir nun fogar. Foi moi divertido!! :)

Magosto (1º EP)

Imaxe
M a g o s t o - 1º Primaria O outono é tempo de castañas e o alumnado de primeiro desfrutamos da súa degustación no Magosto do cole, tamén xogamos e fixemos actividades propias desta festa. Pasámolo moi ben!

Samaín.

Imaxe
Este venres 29 todos os nenos de segundo celebramos o Samaín no colexio. Viñemos todos disfrazados. Non faltaron as bruxas, os zombis, os esqueletos. os morcegos ... Pasámolo moi ben.
Imaxe
 Benvidos nenos e nenas do primeiro ciclo a este novo curso. Comezamos!

ESTAMOS DE ENTROIDO!

 Os nenos e nenas de 1º e  2º celebramos esta festa tan divertida no noso cole, cos nosos amigos e as nosas profes. Que fermoso poder gozar das nosas tradicións e da boa compañía.  😊😍👹👮👯👰👾👳👸 Deixámosvos estes vídeos para que comprobedes o ben que o pasamos disfrazándonos, bailando e xogando xuntos. A continuación podedes visualizar os vídeos das aulas de 1º nivel. De seguido podedes visualizar o vídeo das aulas de 2º nivel.