Patrulla Apadriña 🐾
Trátase
dun programa de innovación educativa da Xunta de Galicia. Concretamente é a
iniciativa Plan Proxecta “Protexe os
animais”. O obxectivo principal deste proxecto é a sensibilización sobre a
necesidade de dar un bo trato aos animais. Será obxecto da nosa análise desde a
forma en que unha mascota chega ás nosas vidas (adopción, acollida...), os seus
coidados básicos (alimentación, hixiene, saúde, amor...), as profesións
relacionadas cos animais, a importancia da labor das protectoras, etc.
Ademais,
dende a Patrulla Apadriña, participaremos en diversas iniciativas que
terán como finalidade a mellora da calidade de vida dos animaliños.
Estade
moi atentos porque pronto comezaremos a contarvos as nosas aventuras...
Un
saúdo!
Comentarios
Publicar un comentario