Día do libro - Visita autor (1º EP)

O día 23 de abril conmemórase o Día do Libro porque coincide co falecemento de tres grandes escritores da literatura mundial: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespere.

Unha das actividades que realizamos para celebrar esta data tan importante consistíu na visita do autor dos libros que nos regalaron no Nadal recomendados pola biblioteca do noso cole.

Este autor chámase "El Hematocrítico", aínda que ese non é o seu nome real, nós sabémolo porque nolo contou na súa visita, tamén nos ensinou algúns dos libros que escribíu, respondeu as preguntas que lle fixemos e asinou cada un dos nosos libros.

Aquí vos deixamos algunhas fotos!


FELIZ DÍA DO LIBRO :)











Comentarios

Publicacións populares deste blog

Achégase o entroido! Mans á obra! ✂👚

ENTROIDO