Dende segundo curso informamos de que o noso disfraz será: esquiadores/as! 🎿 O alumnado necesitará traer ao colexio (canto máis pronto posible) o seguinte: - 2 paus de recolledor . De plástico ou de madeira. Non importa a cor. - 1 par de esquís de cartón . A continuación móstrase un vídeo de como se fan: O día do Entroido (9 de febreiro) o alumnado deberá vir vestido da seguinte maneira: - Roupa toda negra , tanto o pantalón como a parte de arriba (suadoiro, xersei ou chaqueta). - Botas de neve/inverno ou algún tipo de bota ou zapatillas semellante. - Luvas.✋ - Gorro.
ENTROIDO EN 2ºA from Angiefidalgo on Vimeo . ENTROIDO EN 2ºA Ademais do entroido que celebramos no cole algúns nenos de 2ºA participaron nas carrozas e nos desfiles do entroido de Salceda.
Comentarios
Publicar un comentario