Publicacións

Día da paz

    O día 30 de xaneiro conmemoramos no CEP Altamira o Día da Paz. Os deixamos o video que realizamos.  

Achégase o entroido! Mans á obra! ✂👚

Dende segundo curso informamos de que o noso disfraz será: esquiadores/as! 🎿 O alumnado necesitará traer ao colexio (canto máis pronto posible) o seguinte: -         2 paus de recolledor . De plástico ou de madeira. Non importa a cor. -         1 par de esquís de cartón . A continuación móstrase un vídeo de como se fan: O día do Entroido (9 de febreiro) o alumnado deberá vir vestido da seguinte maneira: -         Roupa toda negra , tanto o pantalón como a parte de arriba (suadoiro, xersei ou chaqueta). -         Botas de neve/inverno ou algún tipo de bota ou zapatillas semellante. -         Luvas.✋ -         Gorro.     

Patrulla Apadriña 🐾

Imaxe
Este curso, os nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP Altamira unimos as nosas forzas para levar a cabo un fermoso proxecto en común, a Patrulla Apadriña .  Trátase dun programa de innovación educativa da Xunta de Galicia. Concretamente é a iniciativa Plan Proxecta “Protexe os animais”. O obxectivo principal deste proxecto é a sensibilización sobre a necesidade de dar un bo trato aos animais. Será obxecto da nosa análise desde a forma en que unha mascota chega ás nosas vidas (adopción, acollida...), os seus coidados básicos (alimentación, hixiene, saúde, amor...), as profesións relacionadas cos animais, a importancia da labor das protectoras, etc. Ademais, dende a Patrulla Apadriña , participaremos en diversas iniciativas que terán como finalidade a mellora da calidade de vida dos animaliños. Estade moi atentos porque pronto comezaremos a contarvos as nosas aventuras... Un saúdo!

Magosto 🌰

Imaxe
Amósamosvos a celebración do magosto no CEP Altamira. No primeiro ciclo comimos castañas ata fartar! Que ricas! 

Samaín! 👻

Imaxe
   Qué ben o pasamos no 1º ciclo celebrando o samaín!🎃

Benvidos a un novo curso no CEP Altamira.

Imaxe
  Rematou o verán e comezamos o curso cargados de ilusión. No primeiro ciclo voaremos moi alto. 

Letras galegas

  Este xoves 18 tivo lugar o festival para conmemorar o día das letras galegas. Os nenos e nenas do primeiro ciclo pasámolo xenial e esperamos que vos guste! Vídeo Letras Galegas 1º ciclo