Magosto 2015 no CEP Altamira




Actualizando as novas que imos tendo no noso centro escolar, falamos agora do Magosto, festa e tradición ancestral da castaña. Este ano, variando o costume, e reactivando xogos populares con dito froito como gran protagonista do día, decidiuse celebrar o magosto de 1º e 2º nivel no mesmo centro cunha ampla variedade de actividades, desde a música tradicional, moderna, serie de xogos populares, tempo libre, portas libres ás familias, degustación da castaña, merenda coas aportacións das propias familias (cabe destacar uns postres "riquísimos" dignos do mellor TopChef) e para rematar obradoiros de decoración nos corredoiros coa figura máxima do outono. Sen dúbida unha xornada espléndida, chea de dinamismo onde o aburrimento non tiña lugar. Ufff!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Achégase o entroido! Mans á obra! ✂👚

ENTROIDO