Publicacións
Mostrando publicacións desta data: decembro, 2015
O 2º nivel conmemora a Constitución Española
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións

O 2º nivel rinde homenaxe á segunda conmemoración recollida no Calendario Escolar, a Constitución Española, a través da construcción dun libro xigante a modo de exposición na entrada ao noso corredoiro, onde seleccionamos os artigos que mellor definen o contorno escolar. Os nenos e nenas pintaron, recortaron, pegaron, construiron...
Saída ao Teatro García Barbón de "Afundación" en Vigo
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O pasado 1 de decembro, o 1º e o 2º nivel fixeron unha saída ao marabilloso Teatro García Barbón en Vigo para ver a obra teatral infantil "Lío en la Granja", preciosa historia que, durante 50 minutos e de forma amena investiga a desaparición do terceiro óvo de mamá galiña no que o primeiro sospeitoso era o corvo polo mero xeito de ser "diferente" e estranxeiro. Finalmente non foi tal, rematando cunha lección de humildade para todos os animais presentes na granxa. Os nenos e as nenas encantados, os profes satisfeitos, pasámolo "pipa".