Publicacións

Benvidos a un novo curso no CEP Altamira.

Imaxe
  Rematou o verán e comezamos o curso cargados de ilusión. No primeiro ciclo voaremos moi alto. 

Letras galegas

  Este xoves 18 tivo lugar o festival para conmemorar o día das letras galegas. Os nenos e nenas do primeiro ciclo pasámolo xenial e esperamos que vos guste! Vídeo Letras Galegas 1º ciclo

ENTROIDO

 Chegou o mes de febreiro e con el... a mellor época do ano, o  ENTROIDO. Este curso, o alumnado do primeiro ciclo, seguindo a temática do centro, disfrazouse de elementos do CINE, concretamente de entradas e de cubos de palomitas. QUE DIVERTIDO! A continuación, deixámovos unha recopilación do ben que o pasamos!

Día da Paz

    O alumnado do CEP Altamira conmemorou o Día da Paz.

Festival Nadal

Despois de tanto aprender e traballar, chegou o que tanto nos gusta, o festival de NADAL! Pasámolo moi ben e desfrutamos moito!  Esperamos que vos guste recordar ese bo momento en familia. Luces, cámara e aación! VÍDEO

Día Universa da Infancia

  Dende o 1º ciclo do CEP Altamira quixemos conmemorar dun xeito especial este día tan bonito, adicado aos nosos nenos e nenas. Disfrutade deste vídeo no que vestimos as nosas mellores galas!

Deporte escolar

Imaxe
O xoves 3 de novembro, as nenas e os nenos de 2º participamos nunha nova actividade:  DEPORTE ESCOLAR .  Fomos ata Caldelas en autobús, moi nerviosos e emocionados.  Alí, participamos no Cross Escolar con outros centros educativos  e todos conseguimos chegar a meta.  Tamén fixemos de animadores "Aaaltamira, Aaaaltamira". E pasamos un día moi divertido todos xuntos!