O xoves 3 de novembro, as nenas e os nenos de 2º participamos nunha nova actividade: DEPORTE ESCOLAR . Fomos ata Caldelas en autobús, moi nerviosos e emocionados. Alí, participamos no Cross Escolar con outros centros educativos e todos conseguimos chegar a meta. Tamén fixemos de animadores "Aaaltamira, Aaaaltamira". E pasamos un día moi divertido todos xuntos!