Publicacións

Proxecto: O noso concello (1º EP)

Imaxe
  Así quedou o mapa do noso Concello, Salceda de Caselas. As fotos que o rodean son do noso lugar favorito na parroquia onde vivimos. Forma parte do proxecto sobre o concello, da área de Ciencias Sociais.

8 Marzo - Día da muller (1º EP)

Imaxe
  Para celebrar o Día da Muller (8M), as nenas e nenos de primeiro trouxemos ao cole o zapato e unha imaxe da muller máis importante da nosa vida, con eles reproducimos a obra “Over the continents” de Chiharu Shiota. Así de bonito nos quedou!

Entroido (2º EP)

Imaxe
  ENTROIDO  Este ano o entroido estivo dedicado a mitoloxía para seguir traballando o proxecto da biblioteca. Os nenos e nenas de segundo disfrazáronse de trasnos. Eles axudaron a confeccionar o traxe e este é o marabilloso  resultado. Quedaron moi ben!

Entroido (1º EP)

Imaxe
  Os nenos e nenas de primeiro convertémonos en bruxos e meigas este Entroido. Pasámolo moi ben!!
Imaxe
      DÍA DA PAZ Con motivo do día da Paz os nenos e nenas de 1º e 2º prepararon este fantástico baile a partir da canción "Terra" das Tanxugueiras.   Noraboa a todos os nenos e as mestras de música Paula e Inés por tan estupendo traballo. Quedou xenial!

Día da Paz (1º EP)

Imaxe
  “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. – Mahatma Ghandi. O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. As nenas e nenos de primeiro fixemos este mural colaborativo e estas pombas baseadas no cadro de René Magritte.

Nadal (1º EP)

Imaxe
 As nenas e nenos de primeiro de primaria e todo o equipo docente deste nivel desexámosvos... F E L I C E S F E S T A S ! ! 🎄🎅