Publicacións

Entroido (2º EP)

Imaxe
  ENTROIDO  Este ano o entroido estivo dedicado a mitoloxía para seguir traballando o proxecto da biblioteca. Os nenos e nenas de segundo disfrazáronse de trasnos. Eles axudaron a confeccionar o traxe e este é o marabilloso  resultado. Quedaron moi ben!

Entroido (1º EP)

Imaxe
  Os nenos e nenas de primeiro convertémonos en bruxos e meigas este Entroido. Pasámolo moi ben!!
Imaxe
      DÍA DA PAZ Con motivo do día da Paz os nenos e nenas de 1º e 2º prepararon este fantástico baile a partir da canción "Terra" das Tanxugueiras.   Noraboa a todos os nenos e as mestras de música Paula e Inés por tan estupendo traballo. Quedou xenial!

Día da Paz (1º EP)

Imaxe
  “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. – Mahatma Ghandi. O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. As nenas e nenos de primeiro fixemos este mural colaborativo e estas pombas baseadas no cadro de René Magritte.

Nadal (1º EP)

Imaxe
 As nenas e nenos de primeiro de primaria e todo o equipo docente deste nivel desexámosvos... F E L I C E S F E S T A S ! ! 🎄🎅

NADAL (2º PRIMARIA)

Imaxe
  O Apalpador  Os nenos de segundo prepararon con moita ilusión esta canción e con ela queren desexanvos  un   Feliz Nadal  Esperamos que vos guste.

25 de Novembro (1º EP)

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO   O alumnado e mestras de primeiro rexeitamos calquera tipo de violencia, esperamos que vos guste o vídeo que fixemos para conmemorar este día.