Unha visita moi especial!

 

O pasado 11 de xaneiro recibimos a visita dunha voluntaria da Protectora de Animais "Os Biosbardos" da localidade veciña de Ponteareas. Ana, que así se chama a voluntaria, non veu sola. Veu moi ben acompañada, xa que trouxo con ela aos seus dous cadeliños, Maui e Chanquete, os cales foron adoptados.

Ana explicounos en que consiste o traballo dos voluntarios e voluntarias da protectora, ademais da gran importancia das acollidas, das adopcións e mesmo dos apadriñamentos.

Foi unha charla moi enriquecedora, xa que ademais tamén nos ensinou curiosidades sobre a linguaxe corporal dos cans e dos gatos, datos para o correcto coidado das mascotas, e, a parte que máis nos impactou: o antes e o despois de animais que foron recollidos en moi malas condicións e lograron sacar adiante.

Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi poder interactuar cos peludiños. Incluso lle puidemos dar de comer! Foi xenial!

Ana tamén respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas a verdade, e compartimos con ela as nosas experiencias coas mascotas.

Quedamos tan agradecid@s coa visita, que xa estamos argallando un plan para poder poñer o noso gran de area e axudar aos animais da protectora.

Queredes saber en que consiste o noso plan? Estade moi atentos porque pronto vos contaremos máis!

Un saúdo da Patrulla Apadriña!

Redes sociais da protectora de animais Os Biosbardos:

·       https://protectoraosbiosbardos.org/
https://www.instagram.com/protectorabiosbardos?utm_source=ig_web_button_share_sheet&igsh=ZDNlZDc0MzIxNw==

·       https://www.facebook.com/PROTECTORAOSBIOSBARDOS/?locale=es_ES

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Achégase o entroido! Mans á obra! ✂👚

ENTROIDO