Dende o 1º ciclo do CEP Altamira quixemos conmemorar dun xeito especial este día tan bonito, adicado aos nosos nenos e nenas. Disfrutade deste vídeo no que vestimos as nosas mellores galas!
O xoves 3 de novembro, as nenas e os nenos de 2º participamos nunha nova actividade: DEPORTE ESCOLAR . Fomos ata Caldelas en autobús, moi nerviosos e emocionados. Alí, participamos no Cross Escolar con outros centros educativos e todos conseguimos chegar a meta. Tamén fixemos de animadores "Aaaltamira, Aaaaltamira". E pasamos un día moi divertido todos xuntos!