Patrulla Apadriña 🐾


Este curso, os nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP Altamira unimos as nosas forzas para levar a cabo un fermoso proxecto en común, a
Patrulla Apadriña

Trátase dun programa de innovación educativa da Xunta de Galicia. Concretamente é a iniciativa Plan Proxecta “Protexe os animais”. O obxectivo principal deste proxecto é a sensibilización sobre a necesidade de dar un bo trato aos animais. Será obxecto da nosa análise desde a forma en que unha mascota chega ás nosas vidas (adopción, acollida...), os seus coidados básicos (alimentación, hixiene, saúde, amor...), as profesións relacionadas cos animais, a importancia da labor das protectoras, etc.

Ademais, dende a Patrulla Apadriña, participaremos en diversas iniciativas que terán como finalidade a mellora da calidade de vida dos animaliños.

Estade moi atentos porque pronto comezaremos a contarvos as nosas aventuras...

Un saúdo!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Achégase o entroido! Mans á obra! ✂👚

ENTROIDO